








Obxectivos.
Fomentar a actividade cultural e maila investigación no campus de Pontevedra.
Membros da Comisión de Seguimento.
Actividades relevantes desenvolvidas.
Premios e bolsas
Convocatoria de axudas a proxectos de investigación realizados por grupos de investigación do campus de Pontevedra.
Convocatoria de bolsas para a catalogación da biblioteca e arquivo persoal do profesor Filgueira Valverde e tamén para alumnos de terceiro ciclo do campus de Pontevedra.
Publicacións (particularmente de traballos premiados pola propia Cátedra).
Seminarios e cursos
Organización de conferencias e seminarios que sirvan para difundir publicamente o labor da Cátedra. Tamén se institucionalizaou o día 28 de outubro, día do nacemento do profesor Filgueira Valverde, como data para a celebración dun acto de homenaxe á súa memoria.
Proxectos de I+D
A producción publicitaria en cine e vídeo en Galicia na década dos 90.
Proxecto dirixido pola profesora Dna. Anna Amorós Pons na convocatoria de 1997.
Control biolóxico do defoliador do eucalipto Gonipterus scutellatus: dispersión e adaptabilidade do parasitoide Anaphes nitens de Galicia.
Proxecto levado a cabo na convocatoria do 1997 baixo a dirección do profesor D. Adolfo Cordero Rivera.
Estudio de sistemas para acentua-la presencia da tecnoloxía dos plásticos na docencia de BB.AA.
Proxecto realizado baixo a dirección do profesor D. Juan Fernando de La Iglesia González de Peredo na convocatoria de 1997.
O futuro das rexións no contexto da Unión Europea. Aproximación ó caso da Eurorexión Galicia-Norte de Portugal.
Proxecto dirixido polo profesor D.Álvaro Xosé López Mira na convocatoria de 1997.
Identificación da flora colonizadora dos escudos do centro histórico de Pontevedra. Limpeza e conservación.
Proxecto levado a cabo na convocatoria de 1997 baixo a dirección da profesora Dna. Mª Eugenia López de Silanes Vázquez.
Tipoloxía dos contos populares. Recollida, sistemización e estudio.
Proxecto realizado no 1997 e dirixido pola profesora Dna. María del Camino Noia Campos.
Resistencia do millo ó ataque da 2ª xeración do taladro (Ostrinia nubilalis e Sesamia nonagrioides) en relación ó contido en ácidos hidroxámicos en caña.
Proxecto dirixido polo profesor D. José Carlos Souto Otero, na convocatoria de 1997.
Simulacións interactivas de elementos mecánicos no ámbito da enxeñería forestal.
Proxecto levado a cabo na convocatoria de 1998 baixo a dirección do profesor D. Francisco Ramón Botana Ferreiro.
A opinión pública a través dos líderes e dirixentes. O galaguismo 1977-1981.
Proxecto dirixido polo profesor D. Manuel Martín Algarra no 1998.
Aproximación a unha análise sociopolítica do século XIX en Pontevedra.
Proxecto realizado no 1999 baixo a dirección da profesora Dna. Luisa Alonso Escontrela.
Orixes e desenvolvemento da radiodifusión na cidade de Pontevedra.
Proxecto realizado no ano 1999 baixo a dirección da profesora Dna. Aurora García González.
Flora e vexetación liquénica saxícola das illas Ons e Cíes (Pontevedra).
Proxecto levado a cabo pola profesora Dna. Eugenia López de Silanes Vázquez no 1999.
Educación para a saúde nas escolas rurais galegas: un enfoque cara ó alumnado de menor idade.
Proxecto dirixido pola profesora Dna. Lourdes Maceiras García no 1999.
Relación entre a resistencia do millo ó ataque do taladro (Ostrinia nubilalis e Sesamia nonagrioides) e o contido en compostos de natureza fenólica en caña
Proxecto realizado na convocatoria de 1999 baixo a dirección do profesor D. José Carlos Souto Otero.
Determinación dos umbrais térmicos e tempo fisiolóxico do gorgullo do eucalipto (Gonipterus scutellatus).
Proxecto dirixido polo profesor D. Adolfo Cordero Rivera no ano 2000.
Galicia: medios de comunicación, partidos políticos e opinión pública, na transición e formación da autonomía.
Proxecto levado a cabo polo profesor D. Manuel Martín Algarra na convocatoria do 2000.
A evolución histórica da publicidade en Pontevedra. Análise de mostras e catalogación das tendencias creativas e dos anunciantes (1930-1975).
Proxecto realizado no ano 2000 polo profesor D. Alberto Pena Rodríguez.
Rexeneración, dinámica e selvicultura dos bosques mixtos de pino marítimo (Pinus pinaster) e carballo (Quercus robur) no entorno de Pontevedra.
Proxecto dirixido polo profesor D. Miguel Ángel Zavala Gironés no ano 2000.
Aplicación de subproductos orgánicos (lodos de depuradora) na recuperación dos solos forestais degradados. Estudio da fertilidade e contaminación.
Proxecto levado a cabo baixo a dirección da profesora Dna. Purificación Marcet Miramontes noa ano 2001.
Estudio comparado sobre os diversos supostos da publicidade ilícita. A doctrina do Xurado da Ética Publicitaria en España (1966-2001).
Proxecto realizado no ano 2001 baixo a dirección do profesor D. L. Fernando Ramos Fernández.
Programas didácticos da actividade física: calidade de vida relacionada coa saúde en persoas maiores de 65 anos.
Proxecto dirixido polo profesor D. Vicente Romo Pérez no ano 2001.
A fotografía privada en Galicia
Proxecto levado a cabo no ano 2001 baixo a dirección do profesor D. Manuel Sendón Trillo.
Avaliación do impacto económico, social e ecolóxico dos espacios naturais protexidos na provincia de Pontevedra.
Proxecto realizado baixo a dirección do profesor D. Enrique Valero Gutiérrez del Olmo no ano 2001.
A evolución histórica da publicidade en Pontevedra. Análise de mostras e catalogación das tendencias creativas e dos anunciantes (1975-2000).
Proxecto dirixido pola profesora Dna. Montserrat Vázquez Gestal no ano 2001.