CÁTEDRA CARLOS CASARES

Financiada pola Deputación provincial de Ourense, a Cátedra Carlos Casares quedou constituida o 3 de Outubre de 2003 cos seguintes obxectivos específicos:

  1. Impulsar o papel do Campus Universitario de Ourense como promotor da creación e difusión do pensamento crítico e do fomento da cultura, prestando especial atención ó estudio, difusión e desenvolvemento da Cultura Galega en toda a súa extensión.
  2. Deseñar programas socioculturais que abarquen as diferentes ramas do saber e da creación artística, literaria, científica e técnica abertos a colaboración de outras institucións e axentes sociais e culturais ourensáns.
  3. Promover un foro de reflexión, debate, estudio e investigación en tódolos ámbitos académicos e especialmente en valores permanentemente presentes no pensamento de Carlos Casares: a preocupación por Galicia, a participación cidadán, a tolerancia, a paz, a convivencia de opcións diferentes.... tendo sempre como postulados metodolóxicos fundamentais a liberdade de formulacións e a adopción dun clima de traballo inspirado polo talante humanista que alentou a obra e a vida de Carlos Casares.

Incluíndose dentro das actividades a desenvolver as seguintes:

  1. A Organización de conferencias, congresos, seminarios, exposicións...., animadas sempre pola vontade de diálogo entre a Universidade e a sociedade, que sirvan para acadar os obxectivos da cátedra e difundir publicamente o seu labor.
  2. A publicación dos traballos que no seu seo e co seu impulso se desenvolvan.
  3. Institucionalización dunha data (pendente de confirmar) para a celebración dun acto de homenaxe á memoria de Carlos Casares.
  4. A dotación e convocatoria de becas e a financiamento de axudas a proxectos de investigación realizados por grupos de investigación universitarios sobre os aspectos prioritarios de reflexión anteriormente reflectidos.

A sede de Cátedra Carlos Casares atópase no Campus de Ourense, debendo desenvolver nesta provincia as súas actividades, procurando combina-la utilización das instalacións de ámbalas dúas institucións.