CÁTEDRA INORDE
O 23 de marzo de 2004 constituiuse na Universidade de Vigo unha sección
coa denominación CÁTEDRA "INORDE", financiada polo INSTITUTO
OURENSANO DE DESENVOLVEMENTO ECONOMICO especificamente adicada á docencia,
formación e investigación, así como a promover acordos específicos
de colaboración entre as dúas entidades, para a Investigación
e Desenvolvemento, nos campos científicos e tecnolóxicos que atinxen ás
actividades do INORDE.
A través dela desenvolvense actividades e proxectos, en forma conxunta,
sobre asuntos de interese para as Institucións asinantes da Catedra, entre
as que, de xeito enunciativo, pero non limitado, menciónanse as seguintes:
- O desenvolvemento de proxectos de investigación.
- A organización e realización de todo tipo de actividades académicas
como masters, cursos, conferencias, simposios, seminarios.
- A Realización
de reunións sectoriais e territoriais periódicas, nas que estén
presentes institucións, axentes, sociais, económicos, empresariais
e docentes/investigadores universitarios, que potencien a intercomunicación
respecto das liñas de formación e investigación universitaria.
- O apoio a investigadores e estudiantes.
- A Posta en marcha de todo tipo
de Instrumentos de apoio ó proceso de consolidación do Campus de
Ourense, que reforcen a converxencia da súa oferta docente e investigadora
coas demandas sociais.
- O intercambio de publicacións, traballos de
investigación e de calquera tipo de materiais académicos que resulten
de interese
- O intercambio e colaboración en todo tipo de proxectos
culturais de interese común.
- A Dotación de Bolsas así como a realización de prácticas
de estudiantes dos últimos cursos.
- Cantas outras sexan consideradas de interese mutuo, dentro das dispoñibilidades
das partes e segundo a legalidade establecida na Lei 13/1995 de 18 de maio, de
Contratos das Administracións Públicas.