







Obxectivos.
Fomento da docencia, formación, e investigación e desenvolvemento no sector da automoción en xeral e no grupo PSA Peugeot Citröen, en particular.
Membros da Comisión de Seguimento.
Actividades relevantes desenvolvidas.
Bolsas para a realización de proyectos Fin de Carreira/Teses de Licenciatura.
Para fomentar a formación dos alumnos nos campos específicos da automoción, a Cátedra ten establecidas con caracter permanente, e dende a súa creación, catro becas anuais en réxime de estadía total ou parcial na factoría de PSA Peugeot Citröen, con unha dotación de 540,91 euros brutos mensuais para estudiantes de licenciaturas e enxeñerías superiores e de 540,91 euros brutos mensuais para estudiantes de licenciaturas e enxeñerías superiores e de grado medio.
Os estudiantes interesados poden solicitar estas bolsas mediante a convocatoria de dúas bolsas por semestre que a cátedra realiza a través da Oficina de Orientación ó Emprego (OFOE) da Universidade de Vigo.
Cursos de Posgrao.
A cátedra, e máis o Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA) promoveron a creación do Maxister de Xestión de Empresas de Automoción que estase a desenvolver na Universidade de Vigo.
Proxectos de I+D.
Entre os proxectos máis destacados que está a levar a Cátedra, podense salientar os seguintes:
Proxecto de transporte eléctrico no Campus Universitario de Lagoas-Marcosende.
A Cátedra, a través da Oficina de I+D da Universidade, fixo unha convocatoria para realizar un estudio de viabilidade da posible implantación dun transporte eléctrico no Campus Universitario de Lagoas Marcosende. O estudio xa foi realizado e presentado á Comisión Paritaria de Seguimento da Cátedra, e as conclusións do mesmo demostran a súa viabilidade técnica.
Proxecto de SAI dinámico. Estudio de viabilidade e de aplicación ás instalacións de PSA Peugeot Citröen en Vigo.
Este proxecto, pola súa importancia e interese, estará cofinanciado ó 50% polas Cátedras PSA Peugeot Citröen e Unión Fenosa.
A Oficina de I+D da Universidade de Vigo está a facer unha convocatoria na Universidade para que os diferentes grupos de I+D poidan presentar propostas con orzamento e tempo de realización do estudio.
Actividades de Difusión
Xornada de alto nivel, promocionada pola Cátedra PSA Peugeot Citröen, para difundir entre os directivos do sector do automóbil novos modelos de xestión.
A Comisión Paritaria de Seguimento da cátedra acordou na súa última xuntanza do 19 de decembro de 2001 escoller o tema "A xestión e transferencia do coñecemento. Enerxía empresarial do século XXI" para desenvolvelo nesta xornada.
Lugar: Tentarase realizar no novo edificio do Centro Tecnolóxico do Automóbil que se está construido no Parque Empresarial da Granxa no Porriño e do que a Universisade de Vigo forma parte da súa Xunta Rectora.