GRUPO UNIÓN FENOSA

Unión Fenosa convertéuse nun amplo grupo empresarial con presencia en moi diversos sectores económicos e en numerosos mercados. Actualmente está presente en medio centenar de países e as actividades da empresa exténdense a outras áreas enerxéticas, como e o caso do gas, os servicios profesionais (enxeñería, calidade e medio ambente, telecomunicacións e consultoría) e as telecomunicacións.

A estratexia do Grupo Unión Fenosa (Plan Milenium) contempla amplia-lo volume de negocio e triplica-los resultados no período 2001-2005. O final deste período, os negocios non elétricos superarán a metade do valor do grupo e dos seus beneficios.

A vantaxe competitiva do Grupo Unión Fenosa está baseada na innovación tecnolóxica e na capacidade do seu capital humán. A axilidade da sua xestión, a integración dos seus recursos nun proxecto común de Grupo e a existencia dunha organización flexible e eficaz, foron os factores decisivos para impulsa-lo crecemento que experimentou a empresa nos últimos anos.

CÁTEDRA UNIÓN FENOSA

Constituida no ano 1998.