







Obxectivos.
Adicada á docencia, formación e investigación, así como a promover acordos específicos de colaboración entre as dúas entidades, para a I+D, nos campos tecnolóxicos do sector conserveiro e productos alimentarios.
Dirección.
A Cátedra ten un Director e cada ano alternanse no cargo un responsable da Universidade e outro de ANFACO.
Membros da Comisión de Seguimento.
Actividades relevantes desenvolvidas.
Bolsas e seminarios de formación.
Maxister en Ciencia e Tecnoloxía de Conservación de Productos da Pesca. Dirección Académica: Prof. José Antonio Rodríguez Vázquez. Dirección Técnica: D. Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa.
Pretende formar profesionais cualificados dentro deste ámbito industrial, que permita ó sector dotarse de tecnólogos especializados na conservación de productos de pesca.
Actividades formativas complementarias ó Maxister en colaboración coa Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Bolsas para prácticas en empresas cofinanciadas polo IGAPE.
Participación en Programas de Doutoramento da Universidade de Vigo.
Prácticas profesionais de alumnos no seu Centro Técnico Nacional de Conservación de Productos da Pesca (CECOPESCA).
Intercambio de experiencias de análises e ensaios entre os laboratorios de CECOPESCA e da Universidade.
Convenios e Patrocinios.
Convenio específico de colaboración entre a Cátedra ANFACO e a Asociación Profesional Galega de Licenciados en Ciencias do Mar. Regula a colaboración de ambalas dúas entidades no Seminario sobre "O Control de Calidade en Productos Mariños Conservados".
Patrocinio da "Euroconference Water and Life- Oceanography, Metereology and Marine Resources" que se celebrou en Vigo no ano 2000 para entender e tratar de predecir como afectarán os cambios climáticos e medioambientais no ecosistema mariño.
Proxectos de I+D
Sistema de revisión e control en liña mediante visión artificial do peche de envases metálicos de alimentos apertizados.
Os obxectivos deste proxecto son a revisión en tempo real da totalidade dos envases, tanto antes como despois do peche, e o rexeite automático dos que non cumpren as especificacións requeridas. Este proxecto enmárcase dentro da convocatoria do Plan Nacional de I+D (FEDER).
Sistema Automático de Control (SIAC)
Ten como obxectivo o deseño dun sistema automático en liña de producción mediante visión artificial para o control da calidade do atún empacado.Enmárcase dentro da convocatoria da Secretaría Xeral de I+D (Xunta de Galicia).
Calibrado e aplicación de marcadores moleculares para a diagnose xenérica de stocks, productos e subproductos de merluza (Merluccius spp.) e análise da estructura xenética das súas pesquerías.
Os obxectivos deste proxecto céntranse na optimización e transferencia dunha metodoloxía simple de análise xenético para a identificación precisa da natureza e a orixe de partidas comerciais a base de merluza spp. en calquera dos seus formatos (fresco, conxelado, fileteado, rodaxas) incluíndose subproductos (homexeneizados, pellets, surimi) e conservas. Enmárcase na convocatoria da Secretaría Xeral de I+D (Xunta de Galicia).